TSX Galicia

O Tribunal Superior de Xustiza culmina a organización xudicial no ámbito territorial da comunidade autónoma, sen prexuízo da xurisdición que corresponde ao Tribunal Supremo e daquelas materias que esixan garantías constitucionais, competencia que corresponde ao Tribunal Constitucional.

Noticias Xudicial TSX Galicia

En Portada

O CXPX organiza en Santiago un curso para xuíces e xuízas de toda España sobre patrimonio histórico

As xornadas, inauguradas polo presidente do TSXG e o conselleiro de Cultura, contaron coa participación de Carlos Lesmes, expresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial. Dirixidas pola presidenta da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior, desenvolveranse ata o 12 de abril no Museo das Peregrinacións. David Chipperfield, premio Pritzker de Arquitectura 2023, analizará mañá o ...

O TSXG propón a creación de nove novos xulgados e tres prazas en órganos colexiados

A proposta está baseada, principalmente, na entrada de asuntos que se rexistra nestas unidades xudiciais. A relación xa foi remitida ao CXPX e será analizada na próxima reunión da Comisión Mixta

Galicia rexistrou en 2023 máis de 20 vítimas de violencia de xénero ao día, un 7,6 % máis que en 2022

As vítimas presentaron o 76,7 % das denuncias, mentres que as interpostas polo seu contorno representan o 1,9 %. Os órganos xudiciais ditaron 2.415 sentenzas en procesos de violencia de xénero, das que o 81,8 % foron condenatorias. Concedéronse 1.299 ordes de protección, un 2 % máis, e ditáronse 679 medidas cautelares civís. Aumentaron un 36,6 % os casos de vítimas que se acolleron a dispensa para ...