Noticias Xudicial TSX Galicia

Noticias Xudicial TSX Galicia
  1. A Audiencia de Pontevedra impón 22 anos de cárcere ao home que asasinou á súa veciña impactando o seu vehículo contra o dela debido á súa “indiferenza” cara a el

    • No apartado de feitos acreditados, indica que os membros do xurado concluíron que “o modo en que o acusado dirixiu o seu vehículo e impactou violentamente contra o conducido pola vítima eliminou calquera posibilidade de reacción defensiva”
  2. O TSXG suspende de forma cautelar as autorizacións de sete parques eólicos

  3. O TSXG avala a Relación de Postos de Traballo aprobada pola Deputación Provincial de Lugo

    • Os maxistrados destacan que a confección e a modificación das RPT por parte das corporacións locais son “consecuencia da potestade de autoorganización de concellos e deputacións"
  4. O TSXG decreta que a Xunta non excedeu o número máximo de lotes de transporte escolar que a lei lle permite adxudicar ao Grupo Monbús

    • Os maxistrados rexeitaron o recurso presentado por nove compañías de transporte contra a adxudicación do lote 50, que forma parte dos 57 lotes licitados pola Xunta para a realización de roteiros de transporte escolar a 424 centros de ensino público de Galicia
  5. Un xulgado de Ourense rexeita unha demanda dun ex policía local contra o alcalde por intromisión no seu dereito á honra

    • O maxistrado conclúe que as expresións de ‘mafia policial’ ou de ‘mazás podres no corpo’ eran xeneralistas, non individualizadas no ex axente. Destaca que o feito de que o rexedor asegurase que tiña antecedentes penais era certo, pois o demandante foi condenado por un delito de falsidade en documento público
  6. O TSXG avala o uso do programa de citas Xide no Servizo Galego de Saúde

    • O alto tribunal rexeita ordenar á Xunta a súa retirada, como solicitou o Consello Galego de Colexios Médicos
  7. O TSXG avala o dereito a cobrar o paro dunha traballadora en excedencia por coidado de fillo despedida dun emprego temporal

    • A Sala do Social, que aplica a perspectiva de xénero, salienta que obrigala a reingresar no seu traballo, como pretendía o Servizo Público de Emprego, supoñería “laminar o seu dereito á conciliación”
  8. O TSXG rexeita un recurso contra a resolución provisional do concurso de traslados entre funcionariado de xestión, tramitación e auxilio da Administración de Xustiza

    • Os maxistrados salientan que a resolución provisional previa está ideada “para corrixir os erros de cualificación de cada interesado, non os eventuais erros de cualificación dos demais participes”
  9. O TSXG condena a unha empresa a indemnizar con 30.000 euros a unha traballadora que sufriu acoso sexual do seu xefe

    • O tribunal asegura que o seu superior lle realizaba “de maneira constante” comentarios de natureza sexual. Declara nulo o despedimento e ordena a súa readmisión, co abono dos salarios deixados de percibir
  10. O TSXG eleva a indemnización a unha paciente informada por erro de que non presentaba o xene do cancro de mama

    • O alto tribunal establece unha indemnización de 109.054 euros por dano psíquico, incapacidade, prexuízo estético e intervencións cirúrxicas. A esa cantidade súmanse os 70.000 euros xa recoñecidos pola Xunta polos danos e prexuízos derivados da asistencia no hospital da Coruña, onde intercambiaron os resultados cos doutra muller
  1. páxina
    de 30