Noticias Xudicial TSX Galicia

Noticias Xudicial TSX Galicia
  1. O Xulgado declara nulo o cesamento do interventor do Concello de Ourense e considera probado o acoso do alcalde

    • Ademais, considera acreditado que a actuación do demandado “provocou un dano na saúde do demandante”
  2. O xuízo polo crime de Samuel Luiz comezará o 13 de setembro na Audiencia Provincial da Coruña

    • A maxistrada presidenta emitiu o auto no que detalla os feitos que deben ser axuizados polo tribunal composto por nove cidadáns/as
  3. O TSXG condena ao Concello de Vigo por vulnerar dereitos fundamentais dunha veciña polo ruído que sufriu nas festas do Nadal

    • Ademais, impuxéronlle o pagamento dunha indemnización de 600 euros á demandante polos danos ocasionados
  4. O TSXG suspende un parque eólico na provincia de Pontevedra pola súa proximidade a núcleos de poboación

    • Lembra que a Xunta admitiu nunha declaración de impacto ambiental desfavorable ao parque eólico Gasalla que unha distancia inferior a dous quilómetros podería ocasionar unha perturbación significativa ao gando vacún de Casa Grande de Xanceda. Neste caso, un dos aeroxeradores, de 200 metros de alto, situaríase a 510 metros dun dos núcleos afectados
  5. O TSXG confirma a inhabilitación do exalcalde de Ponteceso durante oito anos e medio por prevaricación administrativa

    • O alto tribunal galego rexeitou o recurso de apelación interposto polo procesado contra a resolución de primeira instancia que o inhabilitou para emprego ou cargo público e, en particular, relacionado coa función de alcalde, durante oito anos e medio
  6. O Xulgado de Vigo que investiga o crime dunha muller atopada nunha maleta se inhibe a favor do Xulgado de Violencia sobre a Muller

    • Asegura que “existen indicios” de que o vínculo entre a vítima e o investigado “tiña o compoñente esixido da afectividade”. Considera preferible que o órgano especializado resolva as dúbidas sobre se tiñan ou non unha relación de parella e valore a aplicación da agravante de parentesco
  7. O TSXG suspende un recurso ata que o TXUE se pronuncie sobre se España discrimina por sexo na concesión do complemento de brecha de xénero

    • O recurso que o TSXG suspendeu por prexudicialidade foi interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra unha sentenza emitida polo Xulgado do Social número 3 de Ourense
  8. Un Xulgado do Mercantil de Pontevedra declara a Atunes y Lomos SL en concurso voluntario de acredores

  9. Un xulgado de Pontevedra exonera a dúas persoas dunha débeda de máis de 15 millóns ao aplicar a Lei da Segunda Oportunidade

    • A maxistrada acordou a conclusión dos concursos sen masa de ambos os dous debedores
  10. O TSXG decreta excluír comentarios policiais sobre imaxes do crime de Samuel dos documentos aos que ten acceso o Tribunal do Xurado

    • A Sala recalca que non se pode obviar “a necesidade de que os xurados vexan por si os libros, documentos, papeis e demais pezas de convicción”, á vez que reitera que lles corresponde, “sen interferencia algunha”, o exame das gravacións audiovisuais
  1. Previo
  2. páxina
    de 30