Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Utilizamos cookies propias y de terceros únicamente para realizar mediciones y análisis estadísticos de la navegación por las diferentes secciones de la página web con la finalidad de mejorar el contenido que ofrecemos. Al hacer click en 'Aceptar todas las cookies', consiente que todas las cookies se guarden en su dispositivo. Para configurarlas o rechazar su uso haga click en el botón 'Configurar Cookies'.
Para más información consulte nuestra política de cookies
Salir rápido
Pulsa este botón en cualquier momento para abandonar de inmediato esta página
Recuerda borrar tu historial de navegación para no dejar rastro después de informarte
Continuarán exercendo as súas funcións en prazas dos Tribunais de Instancia do Carballiño e Marín. O presidente do Tribunal Superior, Ignacio Picatoste, destaca que os dous membros da carreira xudicial consolidan “o seu compromiso coa Administración de Xustiza”
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu hoxe o acto de xura ou promesa dunha xuíza do Tribunal de Instancia do Carballiño e dun xuíz do Tribunal de Instancia de Marín, os cales ascenderon pola quenda de antigüidade a maxistrado/a. Ambos continuarán desempeñando as súas funcións nos mesmos destinos.
Ao acto, presidido por Ignacio Picatoste Sueiras, presidente do TSXG, asistiron o presidente da Sala do Social, Luis Fernando de Castro Mejuto; a presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo, María Azucena Recio González; e o secretario de Goberno do TSXG, Juan José Martín Álvarez, así como membros da Sala de Goberno e familiares da titular da praza 2 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia do Carballiño, Mónica Sotelo Cao, e do titular da praza 2 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Marín, Fernando Rodríguez Rivas.
Durante a súa intervención, o presidente do TSXG sinalou que os dous membros da carreira xudicial consolidan “o seu compromiso coa Administración de Xustiza”, pois manifestou que xa coñecen “a realidade do que é” o traballo dos xuíces/zas. Así, destacou que, tras os anos de xuíz/a, aprenderon “o desempeño da función xurisdiccional” e decatáronse de que “non só é saber dereito, de leis, senón que se trata de dar unha resposta fiable e comprensible”.