Introducción

Orzamentos

O CXPX aproba anualmente o seu orzamento, como órgano constitucional, para a súa inclusión nos Xerais do Estado nunha sección independente, antes de ser aprobados polo Parlamento, a proposta do actual Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Todo isto segundo a LOPX (artigo 565 da Lei Orgánica 4/2013, do 28 de xuño), e a lexislación xeral orzamentaria do Estado á que o Consello está sometido.

Para o exercicio do control de legalidade na execución do orzamento contémplase o exercicio da función interventora na modalidade de fiscalización previa.

O 28 de xuño de 2012 o Pleno do Consello aprobou a Actualización do réxime de control de xestión e transparencia do Consello Xeral do Poder judicial. A Comisión Permanente, na súa reunión do 03-03-2021, aprobou as Normas sobre indemnizacións por razón de servizo con motivo de viaxes e gastos de carácter protocolario ou representativo con cargo ao orzamento do Consello Xeral do Poder Xudicial que teñen a súa orixe nas normas aprobadas por acordo do Pleno do 28 de xuño de 2012.

No apartado 8 das normas aprobadas polo Pleno, regúlase a forma de presentación do estado de execución orzamentaria para cumprir cos criterios de transparencia nos seguintes termos:

  • Concepto e contido

Para reforzar a transparencia da actividade económica do Consello, garántese o dereito á información relativa ao seu orzamento anual e á execución deste públicamente.

  • Responsable
    A Comisión de Asuntos Económicos, cos servizos ao seu cargo, elaborará anualmente o documento "Orzamento do CXPX" e trimestralmente o documento "Estado de execución do Orzamento do CXPX".

Ámbolos documentos presentarán o detalle do Orzamento clasificado por programas, capítulos e conceptos.