Sedes do Consello Xeral do Poder Xudicial

O Consello dispón na actualidade de sete sedes:

  • dúas en Madrid, a central e a da rúa Trafalgar 27/29;
  • a da Escola Xudicial en Barcelona;
  • a do Centro de Documentación Xudicial José María Lidón, en San Sebastián;
  • o Centro de Formación e Estudos Xurídico-Económicos Profesor Manuel Broseta Pont, en Valencia;
  • a do Foro de Formación e Estudos Medioambientais na Comunidade Andaluza, en Sevilla; e
  • o centro para actividades de formación continua de xuíces e maxistrados habilitado no Pazo de Xustiza de Arrecife


1.- Sede central, na rúa Marqués de la Ensenada 8, de Madrid.

PROPIEDADE: DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO DO ESTADO DO MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

AFECTADO AO CONSELLO POLA DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO DO ESTADO (MINFAP). SEN LÍMITE.

Superficie: 8.136,63 metros cadrados.

Sede do Consello dende setembro de 1990. O edificio foi vendido pola República francesa ao Estado español que o incorporou ao seu patrimonio en 1987 para ser destinado a sede do Consello. O inmoble pertence ao Patrimonio do Estado, que realizou as obras e custeou os gastos de equipamento e primeira instalación, mantendo o Consello dende a súa inauguración o 100% dos custos do edificio e as súas instalacións con cargo ao seu orzamento.

2.- Sede da rúa Trafalgar 27/29 de Madrid.

PROPIEDADE: BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO (TRAFALGAR 27) E DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO DO ESTADO DO MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (TRAFALGAR 29).

CEDIDO PARA USO E GOZO TRAFALGAR 27 E AFECTADO AO CONSELLO TRAFALGAR 29.

TRAFALGAR 27: 20 ANOS RENOVABLES; TRAFALGAR 29: SEN LÍMITE

Superficies: 4.222,67 (Trafalgar 27) y 3.423,00 (Trafalgar 29) metros cuadrados.

O Consello iniciou en 1997, ante a Dirección Xeral do Patrimonio do Estado, xestións para dispoñer dunha nova sede en Madrid.

O 24 de xullo o organismo autónomo Boletín Oficial do Estado e o Consello asinaron a acta pola que aquel autoriza este ao uso e gozo de parte do inmoble situado no número 27 da rúa Trafalgar de Madrid (3.837 metros cadrados, plantas soto terceiro, terceira, cuarta, quinta e sexta).

Tamén o 24 de xullo de 2001 o Ministerio de Facenda e o Consello asinaron a acta de afectación a este dunha parte do inmoble sito no número 29 da rúa Trafalgar (3.423 metros cadrados, plantas soto terceiro, terceira, cuarta, quinta e sexta).

As obras foron realizadas por Patrimonio e os gastos de equipamento e primeira instalación correron por conta do Consello, que dende a inauguración da nova sede mantén o 100% dos custos do edificio e as súas instalacións con cargo ao seu orzamento.

En decembro de 2001 o Boletín Oficial do Estado, o Instituto Nacional de Estatística e o Consello subscribiron un convenio de colaboración para a administración dos servizos e zonas comúns do edificio. Un novo convenio foi asinado en outubro de 2002, con motivo da posta a disposición do Ministerio de Economía de 1.209,22 metros cadrados (772 en Trafalgar 27, autorización polo Boletín Oficial do Estado, e 437,22 en Trafalgar 29, afectación pola Dirección Xeral do Patrimonio do Estado).

O 1 de xaneiro de 2006 entrou en vigor a cesión ao Consello, polo organismo autónomo Boletín Oficial do Estado, de 385,67 metros cadrados da planta segunda do inmoble da rúa Trafalgar 27.

Consello, Boletín Oficial do Estado e o Instituto Nacional de Estatística asinaron no 2006, por cambios na distribución de superficies e nos coeficientes de participación en gastos, un novo convenio de colaboración para a administración, conservación e utilización dos servizos e as zonas comúns do edificio da rúa Trafalgar 27/29.

3.- Sede da Escola Xudicial en Barcelona.

PROPIEDADE: GENERALITAT DE CATALUÑA. CEDIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO DA GENERALITAT Á DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO DO ESTADO (MINFAP) E AFECTADO POR ESTE AO CONSELLO.

30 ANOS.

Sita na Estrada de Vallvidrera 43/45, construída en 1997. Superficie total: 10.822 metros cadrados, e superficie construída: 7.510 metros cadrados.

En novembro de 1995 o Pleno do Consello acordou que a sede da Escola Xudicial fose situada na cidade de Barcelona, e en decembro dese ano o presidente do Consello e do Tribunal Supremo e o presidente da Generalitat de Cataluña asinaron un protocolo a partir do que a Generalitat iniciaba as actuacións necesarias para remodelar o terreo La Esperanza, sito en Vallvidrera, no termo municipal de Barcelona, para uso da Escola Xudicial.

O 28 de decembro do 95 o Goberno da Generalitat acordou desafectar do dominio público e ceder en uso á Administración Xeral do Estado -para establecer nel a Escola Xudicial- o referido terreo.

A reforma e remodelación deste foi realizada pola Generalitat; e o 18 de febreiro de 1997 a Dirección Xeral do Patrimonio do Estado, do Ministerio de Economía e Facenda, e a Dirección Xeral de Patrimonio da Generalitat asinaron un acordo de colaboración para formalizar a cesión de uso e posta a disposición do Consello do terreo. A cesión é gratuíta e por un prazo de trinta anos, e no acordo queda establecido que se o inmoble cuxo uso se cede deixase de ser destinado a albergar a sede da Escola Xudicial, reverterá automaticamente á Generalitat.

Finalmente a acta de afectación ao Consello do terreo foi asinada o 22 de decembro de 1997 polo Consello e o Ministerio de Economía e Facenda, quedando dende ese momento incorporado ao dominio público o inmoble e asumindo o Consello o exercicio das competencias demaniais sobre este, incluídas as da súa administración e conservación.

Tanto as obras como os custos de equipamento e primeira instalación –agás o mobiliario- correron por conta da Generalitat, mantendo o Consello dende a inauguración da Escola o 100% dos custos do edificio e as súas instalacións con cargo ao seu orzamento.

4.- O Centro de Documentación Xudicial José María Lidón.

PROPIEDADE: GOBERNO VASCO

CESIÓN DE USO AO CONSELLO.

PRAZO MÁXIMO PREVISTO NA NORMATIVA AUTONÓMICA VASCA QUE REGULA A CESIÓN DE BENS DE DOMINIO PÚBLICO.

Pazo de Xustiza de San Sebastián, cunha superficie de 2.027 metros cadrados.

Na súa reunión do 31 de xullo de 1996 o Pleno do Consello acordou ratificar un acordo previo da Comisión de Escola Xudicial para establecer en San Sebastián a sede do Centro de Documentación Xudicial.

En outubro de 1996 o presidente do Tribunal Supremo e do Consello e o lehendakari do País Vasco asinaron o convenio para a instalación en San Sebastián do Centro de Documentación Xudicial do Consello.

En virtude do devandito convenio o Goberno vasco autorizou a cesión de uso a título gratuíto ao Consello das plantas terceira e cuarta do Pazo da Audiencia Provincial de San Sebastián, así como a habilitación daqueles outros espazos precisos para a súa utilización como centro de documentación e para o desenvolvemento de calquera outras actividades que, no ámbito das súas competencias, considere oportuno desenvolver. A cesión foi realizada polo prazo máximo previsto na normativa autonómica vasca que regula a cesión de bens de dominio público.

Con carácter provisional e transitorio, e ata que foron realizadas no inmoble as necesarias obras de adecuación, cedéronse ao Consello dúas plantas do edifico denominado das Madres Reparadoras, construción afecta a usos xudiciais e anexa á propia Audiencia.

O Goberno vasco asumiu o financiamento íntegro das obras en ámbolos edificios, sufragando os gastos necesarios para entregar as instalacións amobladas e dispostas para o seu correcto funcionamento, mantendo o Consello dende a súa inauguración o 100% dos custos do edificio e das súas instalacións con cargo ao seu orzamento.

5.- O Centro de Formación e Estudos Xurídico-Económicos Profesor Manuel Broseta Pont.

PROPIEDADE: GENERALITAT VALENCIANA.

AUTORIZACIÓN DE OCUPACIÓN E USO AO CONSELLO.

DEZ ANOS.

Situado na Cidade da Xustiza de Valencia. Superficie:

En abril de 2003 o Consello e o goberno da Comunidade Autónoma de Valencia subscribiron un convenio para a creación dun Foro de formación e estudos xurídico-económicos, como paso previo á dun centro permanente de estudos do Consello nesa comunidade na citada materia.

En novembro dese ano quedou asinado o acordo polo que a Generalitat Valenciana autorizaba o Consello para a ocupación e utilización, a título gratuíto e por dez anos (dende o 10 de novembro de 2003) da planta quinta da Cidade da Xustiza de Valencia como sede do centro de formación. O acordo foi renovado no 2013.

As obras necesarias para o acondicionamento do espazo para o uso autorizado, así como as dotacións necesarias para o funcionamento do centro (informática, telefonía, mobiliario) e o seu mantemento e reparación correron por conta do Consello, e os gastos de mantemento atendíanse con cargo aos orzamentos da Consellería de Xustiza e Administracións Públicas da Generalitat.

Investimento do Consello: 446.924,75 euros.

6.- A sede do Foro de Formación e Estudos Medioambientais na Comunidade Andaluza.

PROPIEDADE: XUNTA DE ANDALUCIA.

AUTORIZACIÓN PARA A UTILIZACIÓN.

ATA A CONSTITUCIÓN DA SEDE DEFINITIVA DO FORO.

Atópase no edificio A do Monasterio de la Cartuja de Santa María de las Cuevas, na Isla de la Cartuja de Sevilla. Superficie: 104,26 metros cadrados.

O 3 de xullo de 2003 o Consello e a Xunta de Andalucía subscribiron un convenio de colaboración para a creación do FORO DE FORMACIÓN E ESTUDOS MEDIOAMBIENTAIS DO PODER XUDICIAL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA ANDALUZA, como paso previo á constitución dun centro permanente de estudos.

Na súa reunión de 14 de abril de 2004 o Pleno do Consello aprobou o proxecto de acordo a subscribir entre o Consello e a Xunta, polo que a Consellería de Xustiza e Administración Pública desta última autoriza aquel para a utilización de parte do edificio do Monasterio de la Cartuja de Santa María de las Cuevas como sede temporal do xa nomeado foro, quedando asinado o acordo o 10 de maio.

Inaugurado en marzo de 2005, acolleu actividades de formación en materia medioambiental dirixidas a xuíces e maxistrados.

Investimento do Consello: 122.404,00 euros.

7.- O centro para actividades de formación continua de xuíces e maxistrados habilitado no Pazo de Xustiza de Arrecife.

PROPIEDADE: GOBERNO DE CANARIAS.

AUTORIZACIÓN PARA A UTILIZACIÓN.

O 5 de outubro de 2006 o Consello e a Consellería de Presidencia e Xustiza do Goberno de Canarias asinaron un acordo de colaboración para a utilización por aquel do Pazo de Xustiza de Arrecife como sede para a execución en Lanzarote do convenio en materia de formación continuada de xuíces e maxistrados subscrito entre o Consello e o Goberno de Canarias dende 1996.

O local está situado no edificio dos Xulgados de Arrecife de Lanzarote -na rúa Rambla Medular esquina coa rúa Aragón-, ten cento cincuenta e tres metros útiles, e nel son desenvolvidas as actividades de formación continua que teñen lugar en Lanzarote.

As obras necesarias foron realizadas á súa custa pola Consellería de Presidencia e Xustiza, e as dotacións necesarias para o funcionamento do centro, tales como terminais informáticos e telefónicos, material ofimático e mobiliario, así como o seu mantemento e conservación, correron por conta do Consello.

Investimento do Consello: 70.000,00 euros.