O CXPX organiza en Santiago un curso para xuíces e xuízas de toda España sobre patrimonio histórico

As xornadas, inauguradas polo presidente do TSXG e o conselleiro de Cultura, contaron coa participación de Carlos Lesmes, expresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial. Dirixidas pola presidenta da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior, desenvolveranse ata o 12 de abril no Museo das Peregrinacións. David Chipperfield, premio Pritzker de Arquitectura 2023, analizará mañá o equilibrio entre a arquitectura moderna e a protección do patrimonio

Autor
Comunicación Poder Judicial
La quinta edición del curso La protección del patrimonio histórico y su conexión con el urbanismo ha comenzado hoy en el auditorio del Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela
La quinta edición del curso La protección del patrimonio histórico y su conexión con el urbanismo ha comenzado hoy en el auditorio del Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela

A quinta edición do curso A protección do patrimonio histórico e a súa conexión co urbanismo, organizado polo Servizo de Formación Continua do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e ao que asisten xuíces e xuízas de diferentes comunidades autónomas, comezou hoxe no auditorio do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. As xornadas formativas, que finalizarán o 12 de abril, inauguráronas o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades, Román Rodríguez González.

Durante a súa intervención, Díaz-Castroverde destacou que Galicia consolidouse entre os membros da carreira xudicial como referente estatal en formación sobre patrimonio e urbanismo. Ademais, resaltou a calidade dos relatores de todas as edicións do curso, dirixido pola presidenta da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG, Dolores Rivera Frade. Este ano, as xornadas contarán coa participación de David Chipperfield, premio Pritzker de Arquitectura 2023, quen na sesión de mañá analizará o equilibrio entre a arquitectura moderna e a protección do patrimonio histórico.

Carlos Lesmes, maxistrado da Sala Terceira do Contencioso-administrativo do Tribunal Supremo, presidente da sección quinta da devandita Sala e expresidente do Tribunal Supremo e do CXPX, ofreceu hoxe a conferencia inaugural, titulada O urbanismo na cidade histórica. O exemplo de Santiago de Compostela.

Ao longo das tres sesións, os/as relatores profundarán nas medidas dirixidas a fomentar a protección do patrimonio. En concreto, tratarán os plans urbanísticos ou a aplicación de modelos matemáticos na protección preventiva do patrimonio cultural, con referencia ao modelo computacional da Catedral de Santiago de Compostela. O director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela, Daniel Lorenzo, transmitirá a importancia da conservación e restauración dos bens protexidos durante a visita que os/as asistentes ao curso realizarán ás cubertas da Catedral. Na última xornada abordaranse, en dúas mesas redondas, a necesidade dun urbanismo accesible e a protección do patrimonio cultural a través da figura do Ombudsperson. O vogal do CXPX José Antonio Ballestero Pascual será o encargado de clausurar a quinta edición do curso.

 

Galería de imaxes

La quinta edición del curso La protección del patrimonio histórico y su conexión con el urbanismo ha comenzado hoy en el auditorio del Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela

La quinta edición del curso La protección del patrimonio histórico y su conexión con el urbanismo ha comenzado hoy en el auditorio del Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela

El presidente del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, durante su intervención

El presidente del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez y Díaz-Castroverde, durante su intervención

Carlos Lesmes, magistrado de la Sala Tercera de lo Contencioso-administrativo del Tribunal Supremo, presidente de la sección quinta de dicha Sala y expresidente del Tribunal Supremo y del CGPJ

Carlos Lesmes, magistrado de la Sala Tercera de lo Contencioso-administrativo del Tribunal Supremo, presidente de la sección quinta de dicha Sala y expresidente del Tribunal Supremo y del CGPJ