En Portada

  1. No primeiro trimestre do ano presentáronse en Galicia 19 denuncias ao día por violencia machista

    • DescripciónPedíronse ante os xulgados de violencia sobre a muller 448 ordes de protección, das que se concederon o 63,8 %. A taxa de violencia de xénero (vítimas por cada 10.000 mulleres) situouse en 12,2, a terceira máis baixa do Estado. Os órganos xudiciais galegos ditaron 584 sentenzas, das cales o 83,5 % foron condenatorias
  2. Os órganos xudiciais galegos reciben un 31,7 % máis de asuntos no primeiro trimestre do ano

    • DescripciónO ingreso de procedementos aumentou en todas as xurisdicións, do mesmo xeito que a resolución. Entre xaneiro e marzo os xuíces e xuízas galegos finalizaron 91.213 casos, o que supón un aumento interanual do 34,8 %. A taxa de litixiosidade en Galicia situouse en 35,97 asuntos por cada mil habitantes, por baixo da media estatal (40,67)
  3. As separacións e divorcios en Galicia aumentan un 22 % no primeiro trimestre de 2024

    • DescripciónAs demandas por ruptura matrimonial pasaron de 1.126 a 1.374. Por cada 100.000 habitantes contabilizáronse na comunidade 50,8 demandas, fronte ás 53,6 de media estatal. As separacións consensuadas son as que sufriron un maior incremento, un 86,7 %, con respecto ao mesmo período do ano pasado
  4. As XVII Xornadas Xurídicas de Sarria analizarán os delitos informáticos e a ciberseguridade

    • DescripciónO curso, que se celebrará entre o 12 e o 14 de xuño na Casa da Cultura da localidade, forma parte do programa de Formación Continua do CXPX. Os expertos tratarán en mesas redondas asuntos como a privacidade no mundo dixital ou as novas tipoloxías delituosas e a súa influencia na violencia de xénero. O fiscal xeral do Estado ofrecerá o relatorio inaugural do encontro, o cal clausurará o presidente ...
  5. Os concursos presentados nos xulgados galegos aumentan un 79 % no primeiro trimestre de 2024

    • DescripciónIncrementaron tanto os lanzamentos practicados por falta de pagamento de alugueiro (un 87 %) como por execucións hipotecarias (un 68 %). En Galicia contabilizáronse 0,6 verbais posesorios por ocupación ilegal de vivenda por cada 100.000 habitantes. As demandas por despedimento creceron un 43 % respecto ao mesmo período de 2023
  6. Sinalamentos penais dos órganos colexiados de Galicia do 10 ao 14 de xuño de 2024

    • DescripciónPrincipais xuízos sinalados para esta semana
  7. Os xulgados do Mercantil de Pontevedra repartiranse de forma trimestral os concursos de persoas físicas

    • DescripciónOs xuíces acordaron que a repartición sexa provincial a partir do 1 de xullo para desconxestionar o órgano con sede en Vigo, que asume todos os casos presentados nese partido xudicial. Ingresou o 41 % dos 369 asuntos dese tipo presentados entre xaneiro e maio nos tres órganos especializados. A medida foi aprobada pola Sala de Goberno do TSXG e pola Comisión Permanente do CXPX
  8. Sinalamentos penais dos órganos colexiados de Galicia do 3 ao 7 de xuño de 2024

    • DescripciónPrincipais xuízos sinalados para esta semana
  9. El programa Educar en Xustiza bate récord este curso con la participación de más de 6.000 alumnos/as

    • DescripciónCasi 140 centros acudieron a los juzgados de 23 partidos judiciales de Galicia para conocer el funcionamiento de la Justicia. La cifra de participación, con respecto al curso anterior, ha aumentado en más de 2.000 estudiantes
  10. Alumnado do IES Rosalía Mera restaura os bancos históricos do TSXG deseñados por Galán

    • DescripciónEsta iniciativa busca proporcionar valor engadido ao proceso de restauración do mobiliario e seguir achegando o sistema xudicial á cidadanía. Consérvase documentación de catro modelos de bancos, pensados cada un para unha función diferente, e polo menos un exemplar de cada deseño presérvase a día hoxe no TSXG
  1. Previo
  2. páxina
    de 66